Nos espazos visitados hoxe da iniciativa Artesanía os Muíños participan La Esmaltería, Punteiradas Vila de Pedra (cantería), As Formas da Terra (oleiría), Estudio Estampa (serigrafía), Micromina (títeres) e Arte en Ferro.
A directora xeral de Comercio destacou a importancia desta iniciativa que se desenvolve en Mondoñedo desde dous puntos de vista, aínda que estreitamente relacionados. Por un lado, como atractivo turístico, e polo tanto dinamizador da economía local. Por outra banda, Sol Vázquez puxo de manifesto a importancia de estas iniciativas como elementos que axudan a fixar poboación.
Pola súa parte, a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Elena Candia, destacou que todos os talleres seguen abertos. Indicou que se cumpren todas as normas sanitarias e invita a visitar e mercar os produtos dos artesáns mindonienses.
Esta iniciativa mindoniense mereceu un premio de Agader en 2005 ao embelecemento do medio rural galego e supuxo un recoñecemento ao esforzo da Asociación de Artesáns Os Muíños, da que forman parte os artesáns e o Concello de Mondoñedo.
Os horarios son os seguintes de luns a venres. Luns e martes: Cantería, 11.00-13.00 e de 17.00 a 20.00; alfar, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas. Mércores: cantería, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00; alfar, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00; serigrafía, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00. Xoves e venres: cantería, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00; alfar, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.00; serigrafía, de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00; títeres, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30. Sábado: cantería, de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00; alfar, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.00 horas; serigrafía, de 12.00 a 14.00; títeres, de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30. Domingo: títeres de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.30. Arte en ferro é unha exposición exterior permanente. Adxúntase o programa oficial dos talleres.