Site icon Crónica3.com A Mariña

A universal Elena Aragón, segunda novidade nas filas burelistas

 Burela, 6 de agosto, 2020. A universal Elena Aragón de la Torre (Chiclana de la Frontera, 1995) entrará na Familia Laranxa para a próxima tempada. A andaluza convértese na segunda novidade nas filas burelistas tras a incorporación da meta cántabra Sandra Buzón; ambas as dúas coincidiron defendendo a elástica do Leganés.

A nova 19 do Pescados Rubén Burela FS recala na Mariña moi ilusionada cunha nova etapa que lle dará a oportunidade de seguir madurando na súa traxectoria: “Hai xogadoras con moitísima experiencia e calidade das que espero aprender. Ademais é un dos clubs destacados neste deporte e dos poucos que son profesionais, aquí poderei madurar tanto persoal como futbolisticamente. É moi competitivo, sempre quere gañar e sempre pelexa por títulos” radiografiaba así Elena Aragón o que será o seu equipo en 2020-21, con ganas de enfundarse xa na camisola laranxa e esperando unha rápida adaptación: “Estou desexando sentir pronto a calor da afección e poder responderlles dándoo todo e entregándome ao 200% . Espero que sexa un bo ano e que poidamos gozar todos xuntos do fútbol sala”.

Coa chegada da xogadora gaditana, xa son nove as pezas do novo bloque das Guerreiras, coas renovacións de Bea Mateos, Dany, Lara Balseiro e Ale de Paz, ademais da chegada de Sandra Buzón, xunto a Jozi, Peque e Cami.

Exit mobile version