Site icon Crónica3.com A Mariña

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, trasladou o “apoio aos traballadores de Alcoa e das auxiliares que se manifestan en Compostela para defender os seus postos de traballo e a produción de aluminio na Mariña”

Maite Ferreiro sinalou que “os últimos acontecementos, coa actitude de Alcoa nas negociacións do Ere, demostran que a única solución para que as cubas non paren é intervir a empresa”. Neste senso, lembrou que o Pleno provincial aprobou unha moción na que se reclama a intervención da multinacional, que pretende deixar na rúa preto de 1000 traballadores. “O Goberno do Estado e a Xunta teñen que aclarar xa de que lado están, do lado dos traballadores, do futuro da Mariña, ou do lado da empresa”, concluíu.

Exit mobile version