Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta achega máis material de protección contra a Covid-19 a 20 residencias e centros asistenciais da Mariña

 Lugo, 5 de agosto de 2020. A Xunta de Galicia continúa subministrando material preventivo contra a Covid-19 ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo. Hoxe complétase un novo envío que na comarca da Mariña suporá a entrega de 19.400 unidades de protección en 20 centros.

Nesta ocasión achéganse 8.400 luvas, 8.600 máscaras e pantallas faciais, 2.000 gorros e calzas, 100 botes e garrafas de xel desinfectante e máis de 300 batas.

Desde o inicio da situación de emerxencia sanitaria, a Xunta leva entregadas máis de 300.000 unidades de protección que chegaron a todos os centros da comarca que figuran no rexistro autonómico, tanto xestionados por administracións públicas como por asociacións, fundacións e outras entidades sociais.

As entregas realízanse en centros de maiores, menores, discapacidade, inclusión, igualdade e xuventude existentes nos concellos lugueses. A Administración galega quere contribuír así a que o persoal destes servizos, máis vulnerables ao contaxio por coronavirus, poida traballar de forma segura.

Exit mobile version