Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades socioculturais no Vicedo na semana do 10 ao 16 de agosto

 O Vicedo, 10 de agosto, 2020. Estamos nunha das semanas clave do verán e haberá varias actividades socioculturais.

En primeiro lugar o mércores 12 ás 10h unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks, comezando a ruta de sendeirismo en Ponte Ulló e percorrendo unha distancia duns 10 km ata Ribeiras do Sor, onde comeza a ruta en kayaks ata o porto do Vicedo. Prezo: 17€ por persoa (se se fai só sendeirismo a ruta é gratuita).

O xoves 13 ás 21h terá lugar a entrega de premios do Concurso de
Fotografía Turismo O Vicedo, onde se abrirá un coloquio cos propios
fotógrafos en torno ás fotografías presentads.
Por último, o sábado 15 ás 10h unha ruta de kayaks, con subida do Río
Sor, saíndo do Porto do Vicedo e chegando ao entorno de Ribeiras do Sor.
Prezo: 17€ /persoa.

Inscricións obrigatorias para as actividades de natureza no teléfono 982
59 01 95. Respectaranse as medidas sanitarias de prevención fronte ao
COVID-19, por tanto, hai limitación de aforo a 20 persoas para as rutas
e de 60 persoas para a proxección fotográfica.

Exit mobile version