Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades socioculturais para esta semana no Vicedo: Xeoruta e Circochosco

 O Vicedo, 17 de agosto, 2020. Esta semana… Xeoruta e Circo Chosco! O mércores 19 ás 10h teremos a segunda edición das Xeorutas, a cargo do xeólogo Fran Canosa, e na que nesta ocasión visitaremos as praias de Area Grande e Xilloi, a actividade é gratuita. Son rutas adaptadas a todas as idades, onde os desprazamentos son pequenos e fanse en coches particulares. As previsións do tempo indícannos que o tempo será bon para a mañá do mércores. Prazas limitadas. Para anotarse hai que chamar ao teléfono: 982 59 01 95.

E o xoves 20 de agosto ás 20h unha actividade de interior, trátase de Circo Chosco co espectáculo “Riscando o ceo” Esta actividade lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… Entrada gratuita e con respecto escrupuloso das normas COVID-19.

Exit mobile version