Site icon Crónica3.com A Mariña

“Ao Grupo de Teatro Infantil Municipal PimPim”, por Dolores García Caramés

Este ano non puidemos levantar o telón para amosarlle ás nosas familias e aos nosos veciños o talento que agochades cada un dos nenos e das nenas integrantes do grupo de teatro PIMPIM, dos que tan orgullosa me sinto.

Cada venres deste ano atípico botei de menos a vosa enerxía, as vosas ideas, a vosa naturalidade… Boteivos moitísimo de menos a todos, aos 50 nenos e nenas que conformades a familia deste marabilloso proxecto que chamamos PIMPIM.

Este pequeno agasallo que hoxe vos queremos facer chegar, é para darvos as grazas pola voso compromiso, pola vosa paciencia, pola vosa valentía; por conseguir sorprenderme sempre coa vosa capacidade de sacrificio e co voso enxeño.

Formamos un gran equipo e unha gran familia.

Sodes un elenco de pequenos/as actores/actrices de luxo, do que agardo poder seguir desfrutando dentro de moi pouquiño!

Sodes os/as mellores!

Dolores García Caramés, edil de Cultura e coordinadora do obradoiro

Exit mobile version