Site icon Crónica3.com A Mariña

As augas da praia de Arealonga do Vicedo volven ser aptas para o baño

 O Vicedo, 20 de agosto, 2020. Ante as publicacións en diferentes medios de comunicación dunha nota de EFE onde se fai un repaso sobre a
recomendación de non bañarse ao longo do mes de agosto en diferentes
praias de Galicia, e ante a confusión que se está creando porque nos
links correspondentes está en presente “recomenda” e xa no
desenvolvemento da nova está en pasado “recomendou”, respecto á praia da Arealonga (O Vicedo) queremos aclarar e puntualizar o seguinte:

A recomendación (que non prohibición) de bañarse na praia de Arealonga (O Vicedo) foi entre os días 7 e 10 de agosto de 2020, dado que na segunda análise, do domingo 9 de agosto, os resultados foron
satisfactorios e a Consellería de Sanidade deu a orde de retirar os
carteis informativos que foran instalados na propia praia, recomendando
non bañarse. Según nos indicaron desde a Consellería de Sanidade, puido
deberse a un vertido puntual.

Exit mobile version