Site icon Crónica3.com A Mariña

As diferenzas nas propostas entre Alcoa e comité

A Mariña, 7 de agosto, 2020. A Última proposta de Alcoa avanzada este xoves ao comité é a seguinte:

1- Abrir un proceso de venta a ALVANCE de 6 semanas de duración sen parar as cubas.
2- De non acadar a venta un ERTE ate 31 de xullo de 2022 coas cubas paradas.
3- Finalizado o mesmo, de non darse as condicións de rearranque por parte de Alcoa un ERE que se deberá negociar entonces.

O comité non acepta esta proposta porque baséase nunha condicion inasumible que é a parada de cubas. Ademais, non se fía da vontade de Alcoa para concretar a venta con éxito.

Última proposta do Comité:

1- Abrir un proceso de venta a ALVANCE de 6 semanas de duración sen parar ás cubas.
2- De non acadarse a venta nese prazo (ao día seguinte de ter finalizado o mesmo) o Comité e a Empresa reunirianse para finalizar o período de consultas.
A empresa non valorou a proposta levantándose da mesa e decindo que comezaban a redactar a acta de desacordo.

Exit mobile version