Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrada este xoves a primeira xuntanza do acordo de venda de Alcoa a GFG Alliance

 A Mariña, 20 de agosto, 2020. Este xoves celebrouse telematicamente a mesa multilateral pactada no acordo de ampliación do proceso de despido colectivo non que participa a propia Alcoa, goberno do Estado, Xunta, comité de empresa e sindicatos. Nela tratáronse os seguintes puntos:
A transación da venda está suxeita a condicións de privacidade entre as dúas partes (Grupo Alcoa e GFG Alliance). O pasado 13 de agosto, día da sinatura do acordo de ampliación de consultas, iniciáronse os primeiros contactos entre senllas partes.
O proceso de venda efectuarase en tres fases, de súas semanas de duración cada unha.
1. Ata o 28 de agosto. Fase de sinatura do acordo de folla de condicións. Esta fase é inicial para unha toma de contacto e matización dos termos xerais da venda.
2. Ata o 11 de setembro. Nesta fase éntrase a analizar polo miudo os aspectos da compra cos detalles máis específicos da negociación e os seus termos.
3. Ata o 27 de setembro. Fase final na que se concretaría o contrato de compra-venda inicial, xa que sería un contrato de preacordo a expensas da aprobación de todo os organismos, así como acordos máis detallados da venda (concesións e servizos compartidos, entre outros).
Estas datas son orientativas e poden mudar en función dos avances na negociación.
Paralelamente a estas xuntanzas, o comité de empresa solicitará reunións de seguemento co grupo GLG Alliance, nas que se poderá valorar a información requerida por senllas partes.

Exit mobile version