“Buscamos todos este ano que como equipo se poda medrar de forma colectiva e individualmente e incluso optar a un posto alto na tabla, que co esforzo de todos creo que podemos estar entre os primeiros postos da clasificación”, indicou o gardamallas.
Dende a directiva agradecen a súa aposta e o compromiso neste novo proxecto esperando que se sinta coma na súa casa. A incorporación de Clemente xúntase ás xa sabidas altas do míster Roberto Ramallal e das renovacións dos xogadores Recalde, Montxo, José Antonio, Yago, Luís Santamarina, Diego Juve, Noé, Garrafín e Paulo. Nos vindeiros días comunicaranse a últimas renovacións que están a producirse.