Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron as demostracións de técnicas de tecido programadas polo Centrad no marco da exposición Tecer para crer

 Lugo, 19 de agosto de 2020.- Este luns comezaron na Capela de Santa María as demostracións de técnicas do tecido organizadas polo Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de forma paralela á exposición Tecer para crer.

Ata o 9 de setembro, Miriam Otero, Xosefina Sedes, Lourdes Otero, Idoia Cuesta, Milagros Vázquez e María Jesús Alonso amosan o seu oficio ás persoas interesadas en coñecer técnicas como o tecido de nós, o tapiz gobelino, o encaixe de blonda ou a confección de redes de pesca e o manexo de aparellos tradicionais como o tear de baixo lizo.

O desenvolvemento das actividades está condicionado polas medidas de prevención adoptadas para evitar o espallamento da Covid-19. Así, as artesás farán as demostracións e darán as explicacións correspondentes mantendo a distancia interpersoal co público.

As persoas interesadas en asistir deben comunicalo previamente a través do teléfono 982210066 (en horario de 9 a 14 horas) ou do correo info.centrad@deputacionlugo.org.

Tecer para crer

As demostracións forman parte das actividades artelladas arredor da exposición Tecer para crer, que reúne na Capela de Santa María unha mostra de colchas, mantas, tapices e outros pezas textis confeccionadas por mullres pioneiras nos oficios do tecido na provincia. A exposición seguirá aberta ata finais de setembro.

Exit mobile version