Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia de Burela, solicita do Concello un plan de tráfico especifico para a volta ao colexio e garderías

 Burela, 25 de agosto, 2020. A escasos 15 días da posible volta á actividade lectiva, desde o Concello non se está actuando nas numerosas competencias que se ten no eido educativo.

Por elo dende CxG Burela, solicitamos un “Plan de Tráfico especifico” elaborado por técnicos, tamén sanitarios. Tendo en conta a nova realidade e a normativa en educación, non se pode acompañar aos estudantes ao centro, producirase necesariamente un aumento notable de vehículos no entorno dos centros escolares e garderías. A maiores a proximidade do Hospital da Mariña con varios centros complica a circulación.

Esta situación demanda unha actuación concreta e rigorosa na aplicación da regulación do tráfico que ten que ir máis aló da presenza da policía local. Medidas concretas para evitar aglomeracións e fomentar un acceso ordenado aos centros evitando poñer en risco ás crianzas, co mínimo contacto posible e co risco controlado.

De non facer unha actuación neste senso imos ter problemas e conflito do que será responsable único o Alcalde, pola súa deixadez de funcións, xa que está é unha competencia netamente municipal.

Exit mobile version