As infraccións localizáronse en zonas como o Parque Pernas Peón, lugar no que a Policía Local desaloxou a varios grupos de mozos facendo ‘botellón’, así como na Praia de Covas, no cal esta función faise máis dificil debido a que ao decatarse da presenza da policía, os mozos dispérsanse pola praia.
Son medidas levadas a cabo froito da intensificación dos labores de vixilancia da Policía Local de Viveiro durante a fin de semana pasada, e que se farán extensivas á próxima fin de semana do 14 ao 16 de agosto, xa que a pesar de suspenderse as festas, a policía quere anticiparse a posibles acontecementos como aglomeracións de mozos e mozas facendo botellón.
Reforzaranse os servizos incrementando o número de patrullas, para dar unha maior cobertura ao municipio, especialmente a aquelas zonas máis frecuentadas, incluído o Casco Antigo de Viveiro.
Desde o Concello de Viveiro, co seguimento diario no descenso de casos de contaxios e no intento de que a situación siga mellorando, requírese que se garden todas as medidas de seguridade posibles (distanciamentos, uso de máscara, cumprimento dos aforos permitidos, etc.).
Ante a previsión dunha próxima fin de semana de moita afluencia de visitantes no municipio, coa colaboración da Policía Local e da Policía Nacional, o traballo do concello continuará sendo exhaustivo en canto ao control e cumprimento das medidas establecidas por Sanidade, insistindo en que por parte dos establecementos esíxase o cumprimento das medidas de seguridade, así como que se respecten por parte dos usuarios co fin de minimizar o risco de contagios con garantía de seguridade e saúde.
Desde a Policía Local e a Alcaldía quérese facer un recordatorio aos mozos, nestas datas, de que actúen con responsabilidade, sobre todo en obrigacións como o uso da máscara, o distanciamento social e en prohibicións como o consumo de alcol na vía ou lugares públicos.