
Na actual situación de bloqueo, o Conselleiro de Industria volveu pedir un marco enerxético que aclare o camiño do comprador. Afirmou que cun prezo eléctrico competitivo a viabilidade da fábrica é posible. A Xunta bríndase a colaborar co Ministerio para establecer ese marco eléctrico. Necesítanse medidas inmediatas para o plan inversor por marte do goberno que den resposta ás 1000 familias que dependen do desbloqueo da actual situación, engadiu o titular de industria do goberno galego.