A primeira cita será este xoves, día 13, ás 19.00 horas nos xardíns Noriega Varela, cun concerto infantil de Paco Nogueiras, ‘Brinca Vai’. O Concello de Viveiro garante que será un espectáculo seguro, con aforo limitado e respectando todos os protocolos e recomendacións sanitarias.
Desde o venres, haberá actuacións en diferentes horarios e ubicacións, cun formato ao aire libre e de pasarrúas para que a cidadanía se atope coa música sen aglomeracións e garantizando a distancia social.
Actuarán a Banda Municipal de Viveiro, DJ Karras, Cé Orquestra Pantasma e a charanga Santa Compaña. O domingo, amenizará o ambiente polas rúas Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega 100% feminina.
Tamén na xornada do domingo, ás 18:00 horas na praza Maior, o grupo Arco Iris traerá a Viveiro o seu último espectáculo, ‘O Mundo Soa’, con ritmos e músicas de todos o continentes. Este concerto forma parte do Festival de Música Bal y Gay.
A programación desta semana remata o luns con outra cita familiar, os contacontos del Raquel Queirás e ‘O segredo do tendal’. Ás 19:00 horas no parque Pernas Peón.
‘De Ruada’ é un novo proxecto impulsado pola concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, que aposta pola cultura de rúa todos os fines de semana de agosto.
O martes 18 de agosto, ás 20:30 horas, a música continuará en Viveiro co segundo concerto do Festival Bal y Gay. Na Igrexa de San Francisco terá lugar a actuación do Cuarteto Cosmos con Luis Cámara (clarinete), unha oportunidade única para disfrutar da arte destes artistas de amplo recoñecemento internacional.