Site icon Crónica3.com A Mariña

Descenden os positivos por coronavirus en Ribadeo. Só hai un caso e seis contactos en seguimento

 Ribadeo, 2 de agosto de 2020. Descenden os positivos por coronavirus en Ribadeo. A día de hoxe só hai un caso e seis son os contactos en seguimento.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “con moi bo ambiente de verán ribadense recibimos os datos diarios que nos remite a Consellaría de Sanidade da Xunta. Baixamos de dous a un positivo e baixamos tamén os contactos en seguimento de oito a seis”.

E engadiu: “do mesmo xeito que ultimamente veño expresando a esperanza de saír desta situación o máis axiña posible, só me queda insistir, e pregar se é necesario, que todo mundo de aquí e de aló se comprometa de verdade co cumprimento das normas sanitarias de protección. De seguir nesta liña teremos unha vitoria moral en pouquiño tempo. Se o facemos mal, será un novo paso atrás ao tempo que unha frustración colectiva”.

Exit mobile version