Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous alumnos de ciclos de cociña do IES de Foz están facendo prácticas en Italia

 Foz, 31 de agosto de 2020. Os alumnos do IES de Foz Martín Salgueiro, do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, e Royer Burgos, do Ciclo Medio de Cociña, están realizando un período de prácticas como recentemente titulados en Italia, concretamente na pizzería Le Ruggini, de Potenza (Basilicata).

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica que “Franco Lopez e Claudio Calabrese son os propietarios deste establecemento italiano e estiveron impartindo formación no instituto de Foz en 2019. Froito desta relación xurde esta colaboración para acoller ao noso alumnado. Le Ruggini é unha pizzería situada en Potenza, a capital de Basilicata. Ofrece unha ampla variedade de pizzas e pratos italianos”.

Leticia Maseda engade que “estas prácticas deberían facerse entre abril e xuño, mais tiveron que ser pospostas por mor da situación actual. Os dosu alumnos tiveron que facer un test PCR ao chegar a Italia e comunicar onde ían aloxarse. Estas becas están financiadas polo programa Erasmus, implantado no IES de Foz dende 2016”.

Exit mobile version