Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Sierra lamenta que “Ribadeo estea sucio” en pleno mes de agosto e urxe ao goberno local a limpar as rúas seguindo “unha planificación seria”

 Ribadeo, a 11 de agosto de 2020. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, urxe ao goberno local a actuar de inmediato para mellorar a limpeza viaria e a recollida do lixo cunha “planificación seria”.

“A falta dun plan de residuos amósase cando Ribadeo amence durante o mes de agosto deste ano sen limpar e con gran cantidade de lixo nas rúas, unha situación que se acrecenta nas fins de semana”, denuncia.

A popular recorda que “en setembro do 2019 o Grupo Municipal do PP presentou unha moción para que o goberno local amosase o Plan de Residuos para o municipio de Ribadeo. A pesar de que o goberno do BNG di dispoñer deste plan, ata a data, non o puidemos coñecer”. Nese sentido, a vicevoceira condena que “o grupo do BNG votase en contra desa moción, como é costume cando se pide algo para Ribadeo”.

Sierra asegura que “os veciños xa estamos fartos. Queremos un Ribadeo limpo e sen os malos olores que desprenden día si e día tamén os colectores do lixo”, conclúe.

Exit mobile version