Antía proclamouse Campioa de España (medalla de ouro) na citada categoría o pasado sábado 22 de agosto, nunha competición deportiva celebrada en Béjar (Salamanca).
Pero non foi este o único trunfo de Antía, xa que o domingo 23, tamén en Béjar, quedou 1ª clasificada na 1ª Fase da Copa de España de Slalom de patinaxe alpino. A Antía quédanlle dúas fases que se van a celebrar en Puigcerdá e Villablino nas vindeiras semanas, mantendo serias posibilidades de conseguir tamén algo importante nesta outra modalidade.