No PP de Foz témolo moi claro, “respetamos os motivos persoais alegados polo Sr Moris ainda que todos sabemos polo núcleo próximo do exconcelleiro e dentro do propio Concello que a mala relación co Alcalde e o “ninguneo” continuo son os motivos reais da dimisión”.
De feito o 18 de xullo xa o a anticipabamos nas redes sociais, que aparte dos malos resultados electorais nos últimos comicios, a tibieza na defensa de Alcoa, onde Cajoto apenas presionou ao goberno central para aprobar o estatuto, os incumprimentos electorais, e a pésima xestión do covid19 que deixou a Foz sen axudas, estaban minando a confianza do núcleo duro do proxecto socialista .
Prosegue Castiñeira, “Á dimisión de fai uns meses de Verónica Acela, man esquerda de Cajoto súmase agora a da súa man dereita o Sr moris, deixando un proxecto absolutamente mutilado en poucos meses de goberno, cheo de frustracións e baseado en falsas promesas e poucos feitos de colleita propia”.
“Lamentamos moito, que dimitise o que para o PP de Foz e para moita xente era o Concelleiro máis cercano do equipo de goberno que mostraba certa implicación e accesibilidade a veciños e asociacións coas que trataba, e desexámoslle unha mellor etapa despois do seu corto paso pola política local”.
Rematamos reclamando ao equipo de goberno, máis seriedade, máis noticias positivas e menos desencontros persoais, posto que todos estes problemas internos ao final están afectando á imaxe do pobo, moi pouco activo, sen iniciativas e demasiado súcio, resultado da nula cohexión interna e da falta de liderazgo de Cajoto, que subestimou a súa inexperiencia con dous cargos que lle quedan excesivamente grandes.