Site icon Crónica3.com A Mariña

Javier Losada en Lugo: “Alcoa debe deixar de ser un problema e ser a solución”

 Lugo, 5 de agosto, 2020. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, con resposta á situación de Alcoa durante o acto deste mércores en Lugo. Destacou que “o Goberno está envorcado co persoal e con toda a industria galega” e lembrou que o Executivo atopou un “socio industrial” que ten un “plan de futuro que garante os postos de traballo”.

“Alcoa debe negociar, ser parte da solución. Se non quere continuar a actividade industrial debe deixar paso. Debe deixar de ser un problema e ser a solución”, proseguiu. Nese sentido, lembrou que o labor do Goberno serviu para evitar que a Xunta se “poña de perfil” e agora “reme na mesma dirección”. Ademais, puxo en dúbida que o ERE exposto por Alcoa poida ser autorizado.

Exit mobile version