Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá celebrará este domingo unhas festas do Conde Santo diferentes. Están organizadas polo Concello e pola Asociación Patrimonio Laurentino, de nova creación

 Lourenzá, 25 de agosto de 2020. Vilanova de Lourenzá celebrará este domingo, día 30, unhas festas do Conde Santo diferentes debido ao Covid 19. Están organizadas polo Concello e pola Asociación Patrimonio Laurentino, colectivo de nova creación que se vai presentar nesa xornada de actividades.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “o Conde Santo vaise celebrar este ano dunha maneira diferente debido ao Covid 19. O Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación Patrimonio Laurentino son os encargados de organizar os actos. Este novo colectivo, que ten como obxectivo a recuperación do patrimonio do concello, vaise presentar aos veciños ese día”.
As actividades organizadas polo Concello son un concerto da Banda de Música de Foz programado para as 13:30 horas e unha actuación da charanga BB+ ás 20:00 horas.
E os actos da Asociación Patrimonio Laurentino son a saída dos Cocos acompañados polo grupo local de música tradicional Souto Xímaro, ás doce do mediodía, e ás 21:00 horas haberá outra actuación de Souto Xímaro, a presentación da Asociación Patrimonio Laurentino e a proxección do Mouchiño de Pablo Cid.
A continuación a charanga BB+ volverá animar as rúas de Vilanova de Lourenzá para rematar a xornada festiva.
Todas estas actividades, que contan coa colaboración da Deputación de Lugo, terán lugar na Praza do Conde Santo.

Exit mobile version