Site icon Crónica3.com A Mariña

Méndez, edil de Medio Ambiente de Cervo: “Ao BNG válelle ata danar a imaxe dos nosos areais con tal de tentar desacreditar ao Concello”

 Cervo, 24 de xuño de 2020. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, afeou a actitude dos concelleiros do BNG de Cervo, “que viven instalados nunha campaña de difamación contra o Concello, a costa incluso de danar a súa imaxe, a imaxe das nosas praias, neste caso”; en referencia ao episodio de E.Coli que superou xa a praia de Rueta, perfectamente apta para o baño, e que afectou a unha vintena de praias galegas a raíz da gran cantidade de chuvia caída en días pasados.
Méndez lamentou o “xogo sucio” dos nacionalistas que tan só buscan desacreditar ao equipo de goberno “que xa pasou o exame nas urnas grazas ao apoio da veciñanza”, que deixou ao seu partido tanto en Cervo como en Galicia na oposición.
A edil apuntou que para este equipo de goberno “a transparencia é dos principais valores que defendemos” porque non temos nada que agochar na nosa xestión, e a este respecto subliña que o cartel no que se desaconsellaba o baño na praia de Rueta foi instalado polos traballadores municipais o día 18 de agosto no panel informativo do areal, logo de recibir o aviso da Consellería de Sanidade a última hora do 17 de agosto.
Méndez recórdalles aos nacionalistas “que non todo vale” e pídelles que deixen de poñer paus nas roda sen argumentos “porque ademais a veciñanza de Cervo sabe que todos os areais do municipio gozan dunha calidade excelente e son un dos principais atractivos do noso municipio”.
Ademais, cómpre sinalar, que a ano tras ano, as analíticas que se practican na depuradora de Cervo, que é ecolóxica, acreditan o seu adecuado funcionamento.

Exit mobile version