Desde a equipa do BNG e tomando a historia de Antón como base, iniciamos a entrega dun novo xornal que será repartido nos domicilios do concello co fin de facer chegar información fiábel de primeira man, sen maquillaxes nen filtros. Aínda así, non queremos deixar a un lado as novas tecnoloxías que de tanto nos teñen servido, ofrecendo tamén unha versión en PDF do xornal, dispoñíbel desde a nosa páxina web: viveiro.bng.gal
Así pois, despois de ter publicado nos anos noventa o xornal Penedo do Galo, no BNG voltamos con este voceiro que, en homenaxe a Antón Vilar Ponte, levará o nome de Brisa Nova.