Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ celebrará o 4 de setembro a súa I Asemblea Xeral

 Foz, 4 de agosto, 2020. O Club de Atletismo ‘Ría de Foz’ celebrará o venres 4 de setembro, ás 20h, no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero a súa I asemblea xeral.

Pasados xa catro anos desde a formación da entidade, a primeira Directiva do Club focego realizará, nesta xuntanza cos seus socios e atletas, un exhaustivo balance do traballo realizado ata o momento. Estes primeiros anos de vida do ‘Ría de Foz’ estiveron caracterizados pola expansión e consolidación do proxecto: aumento da base de atletas das categorías inferiores e dos adultos, federación do Club, participación destacadas en diferentes competicións, organización de diversos eventos deportivos no concello etc.

Aquelas persoas interesadas, en dirixir o proxecto do ‘Ría de Foz’ nos vindeiros catro anos, poderán depositar as súas candidatura na Biblioteca Municipal de Foz. As datas para realizar esta xestión comprenderán desde o venres 14 de agosto ata o día 28 dese mesmo mes. Todas as propostas serán sometidas a votación na Asemblea Xeral.

Exit mobile version