Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo afirma que a calidade das augas dos seus areais é boa e son aptas para o baño

 Cervo, 21 agosto de 2020. As augas de todas as praias do Concello de Cervo son aptas e seguras para o baño, segundo se mostra nos resultados dos diferentes análises efectuados nos últimos días.

O pasado 12 de Agosto, debido ás chuvias torrenciais en toda Galicia, produciuse unha contaminación microbiolóxica que afectou a numerosas praias en toda a comunidade autónoma, incluída a Praia de Rueta.

Segundo afirma a Delegada de Medio Ambiente, Mali Méndez, “No momento no que se detectou dita contaminación, o Concello de Cervo colocou no areal un letreiro no cal se sinalaba a prohibición do baño. En canto a práctica do baño volveu ser segura, retirouse o cartaz e a actividade na praia volveu á normalidade”.

A concelleira recalcou que “o resto das praias do noso Concello no se viron afectadas pola contaminación, e ata o día de hoxe todos os análises feitos nos distintos areais son positivos”.

Exit mobile version