Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro anuncia que a partir desta noite se levantarán as restricións para os locais de ocio existentes na Mariña

 Viveiro, 5 de agosto de 2020. O Concello de Viveiro da traslado á veciñanza da información facilitada na reunión con Sanidade que tivo lugar na mañá de hoxe, onde nos comunicaron a decisión do comité clínico de levantar as medidas específicas que había na Mariña, igualándoas ás existentes no resto da comunidade.

Á espera da publicación no Diario Oficial de Galicia, pódese adiantar que a partir das 24:00 horas do día de hoxe poderanse reabrir os locais de ocio nocturno cun aforo permitido do 50% no interior e do 75% nas terrazas.

O Concello de Viveiro considera positiva a reapertura dos locais de ocio nocturno, indicando a necesidade de que por parte dos veciños e veciñas e dos visitantes se continúen mantendo as precaucións e a responsabilidade social para cumprir estritamente todas as medidas de prevención establecidas (uso de máscara sempre, coidada hixiene de mans, distancia social…), polo que controlarase o seu cumprimento de forma exhaustiva.

Por outra parte, e segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, no municipio hai hoxe, mércores 5 de agosto, 10 casos confirmados activos por Covid-19 e 56 contactos estreitos dos positivos en seguimento.

Exit mobile version