O goberno municipal está en continuo contacto coa xerencia do Hospital da Costa e do Centro de Saúde de Viveiro para coñecer a evolución da sociosanitaria do virus. Desde o consistorio lembramos que é necesario cumprir estritamente con todas as medidas de seguridade decretadas tanto pola Xunta de Galicia como por este concello que, dende o primeiro momento, suspendeu todas as actividades e eventos organizados ou celebrados en espazos de titularidade municipal e adoptou todas as precaucións e protocolos que, dentro das posibilidades e competecias propias, puidesen evitar a propagación do virus.
Dende o goberno municipal continuaremos traballando nesa liña, co mantemento e establecemento das medidas necesarias, ao tempo que se realiza unha intensa labor en aras a garantir o seu cumprimento por parte de veciños e visitantes.
Neste sentido, nos últimos días, a Policía Local levantou varias actas ante o incumprimento da normativa establecida e continuará realizando estas labores de vixiancia e control necesarias para garantir e preservar a saúde publica.