Membros do Grupo Municipal do PP de Viveiro, tras a chamada dos veciños acercáronse ata as casas do lugar para comprobar o mal estado e abandono do firme.
E unha obriga das Administracións facilitar a estancia no lugar de traballo e non abandonalos o seu destino, xa que de non realizar a conservación necesaria para manter os camiños en condicións mínimas de seguridade e de tránsito, estaríamos a contribuír a desaparición do mundo rural e este Grupo non quere ser participe, de ai a nosa petición.
Que a Estrada Local que e o único acceso rodado o Lugar de “O Vilar”, na Parroquia de Chavín, na súa gran parte ten o firme moi deteriorado, ademais de ter unha vexetación que medra a libre albedrío e invade a calzada, a cal presenta un estado de abandono.
O estado do firme que convirte o acceso en perigoso tanto para os vehículos como para as persoas que o usan a diario, xa que cumpre atender o gando, horticultura, frutales, etc.
Dende o Grupo Popular entendemos da importancia que ten fixar a estancia no mundo rural, e máis nos momentos de crise actual na que estamos a vivir xa que a conservación do espazo rural e unha parte vital da vida da nosa veciñanza.
E polo exposto, ante esta situación a agrupación local do Partido Popular de Viveiro, sumase a petición da veciñanza, e pretendemos conservar os nosos valores do rural, e por iso ROGAMOS a Alcaldesa
.A Limpeza e mantemento da maleza existente o carón da estrada.
.A reparación do firme que e o principal acceso o lugar de “O Vilar en Chavín”, a cal se atopa en moi malas condicións de circulación e inseguridade, e en varios tramos intransitable.