Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asistiu este xoves na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, ao concerto de Cuarteto Quiroga

Esta actuación está enmarcada dentro da programación do VII Festival Bal y Gay, co que colabora o organismo provincial cunha achega económica de 13.000€. Este evento serve como reclamo de alta calidade para animar á xente e aos turistas a desfrutar da comarca da Mariña con garantías de seguridade. Este sábado celebrarase en Porto Chico, en Foz, o concerto de Hot Chocolates, e o luns, o Auditorio de Ribadeo pechará esta sétima edición coa música de Beethoven cun concerto de Ensemble Bal y Gay.

Exit mobile version