Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG Valora “os avances” no proceso de venda de Alcoa e chama á Xunta a “involucrarse” para garantir o emprego na bisbarra

 Santiago, 21 de agosto de 2020. O voceiro de Industria do Grupo Socialista no Parlamento, Martín Seco, valorou hoxe “os avances” no proceso de venda de Alcoa San Cibrao a Liberty House e chamou á Xunta a “involucrarse” para garantir o emprego na bisbarra logo de que o Ministerio de Industria atopase un inversor interesado na planta da Mariña.

Así o dixo despois de que na última xuntanza da mesa multilateral se acordasen as fases nas que se levará a cabo o proceso de venda da planta, que concluirá nunhas seis semanas.

“O mantemento do emprego e da actividade industrial é prioritario”, destacou o deputado do PSdeG, quen puxo en valor a implicación do goberno de España “dende o minuto cero” para traballar nesa liña e reclamou o mesmo compromiso por parte dunha Xunta que estivo “de perfil” neste proceso.

“O goberno galego non pode obviar que ten as competencias en materia industrial”, recordou Martín Seco.

Exit mobile version