Ás 21:30 será a presentación do film, coa presenza do director Oliver Laxe e o actor Amador Arias. A continuación, ás 22:00 comenzará a proxección. Desde a concellalía de Dinamización Social, Daniel García convida a asistir a este evento “que terá lugar nun marco incomparable, no corazón do val que conforman as parroquias de San Xusto e Cabarcos, e que trata unha temática moi de actualidade, que o director Oliver Laxe transmite de xeito maxistral nesta película que xa recibíu varios galardóns, destacando o premio do xurado no festival de Cannes, e o premio Goya á mellor actriz revelación a Benedicta Sánchez”, afirmou.
Esta programación cultural que empezou o pasado 3 de agosto, e que está sendo moi ben recibida e con alta participación de público prolongaráse ata o 27 de setembro.