Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón pide aos Gobernos do Estado e da Xunta que deixen de “bailar ao son que marca ALCOA” e que interveñan a factoría

 Santiago de Compostela, 7 de Agosto 2020.- A portavoz nacional, Ana Pontón, pide ao Goberno central e ao goberno da Xunta “que deixen de bailar ao son que marca ALCOA e se poñan a bailar ao son que lle convén a Galiza e aos traballadores e traballadoras da factoría”, que hoxe se manifestaron ás portas da Cámara galega na xornada en que se constituíu o Parlamento da XI lexislatura.
Pontón insistiu en que hai solución para salvar a produción e o emprego na fábrica da Mariña: nacionalización coa intervención pública do Estado e da Xunta e unha tarifa eléctrica galega que poña fin ao espolio enerxético do país permitindo a planta poder competir en igualdade de condicións.
“Para aplicar esta solución só fai falta vontade política e o BNG tena e, desde logo, as cubas non poden apagarse e imos seguir traballando para darlle futuro A Mariña”, recalcou, tras volver ratificar o seu apoio ás 1.500 familias directamente afectadas pola ameazada de peche e ao conxunto da comarca. Xunto con Pontón, a deputada por Lugo, Olalla Rodil, e o deputado de Ribadeo, Daniel Castro, acudiron á manifestación dos traballadores e traballadoras, -que a recibiron coreando presidenta, presidenta!- para manifestarlles todo o apoio do BNG nuns momentos decisivos para o futuro da fábrica.

Exit mobile version