Site icon Crónica3.com A Mariña

“Si, uso rímmel, levo mechas e son feminista…. algún problema?”, por Marta Rodríguez Engroba

A publicación, hai unhos días, dunhas fotos en diversos medios de comunicación, nas que aparecían o futbolista Sergio Ramos e a súa muller, Pilar Rubio, presentando ao seu fillo recién nacido, abriron, unha vez mais, a caixa dos tronos dun certo sector do feminismo, xerando un debate que eu, francamente, non comparto en absoluto, e, ademais de resultarme xa moi cansino, cada vez o entendo menos.

As fotos foron feitas moi pouco despois do parto, e a nai aparecía nelas, malia a experiencia pola que acababa de pasar que é, como mínimo, e no mellor dos casos, esgotadora, perfectamente maquillada e peiteada, cun aspecto como de estar de vacacións e non feita po como adoitamos estar a maioría das mulleres despois de parir.

As voces de certas “gurús feministas” non tardaron en deixarse escoitar, falando de patriarcado, da esclavitude que este impón as mulleres, que orixina, entre outras cousas, que algunhas se vexan na obriga de aparecer como Pilar Rubio nesas fotos, perfectas inmediatamente despois de traer un fillo ao mundo, e non pálidas, despeiteadas, e con olleiras como é o habitual, e abondaban os comentarios que non deixaban a esta muller en moi bo lugar, no nome, eso si, do feminismo.

A ver, imos por partes.

Teño que recoñecer que a min ese tipo de fotos tamén me teñen arrancado algún comentario ou pensamento, porque nin de lonxe tería eu soñado estar tan estupenda recién parida.

Bastante tiña con respirar, porque estaba rota por todos os lados, pero entendo que o “famoseo” implica certas “obrigas”, polas que posteriormente se cobra, e esta é unha delas, sen mais.
Como o que ten que ir a oficina de traxe, por exemplo.

Por outra banda, e obviando xa o tema profesional, non deixou de chamarme poderosamente a atención, unha vez mais, que estas defensoras acérrimas do feminismo lapidaran a esta muller sen piedade e non se plantexaran nin por un segundo a posibilidade de que tal vez apareceu así, maquillada, fabulosa, porque lle deu a real gana, exercendo precisamente esa liberdade da que ellas tanto falan, pero que pouco ou nada practican, e, por suposto, eso non a converte en tonta nin en sumisa.

Francamente, estou farta de que se asocie o feminismo a certos estilismos, tachando de machistas e de pouco menos que descerebradas as que non nos axustamos a eles.

Eu considérome feminista, obviamente, e si, gústame maquillarme, peitearme, e vestir o mellor posible. Algún problema?.

Moitas veces fun criticada por isto, seino, e tamén descualificada na miña labor en violencia de xénero, porque, supostamente, non dou a “imaxe” que debería, e case sempre, esas críticas partiron de mulleres, de “autoridades feministas”, todo hai que dicilo, como tamén debo dicir que, francamente, pouco ou nada me importa.

Pero eu lánzolles unha pregunta: Faime isto menos feminista?.
Ou acaso é preciso ter unha certa imaxe para reafirmar as conviccións?. Porque, se é así, mal imos!.

Se algo teño claro, e que eu respecto a todo o mundo, e, como se vistan, se pinten ou se peiteen é algo que non me preocupa en absoluto, pero, xa que estamos, non creo que unha muller sexa mais feminista por levar o pelo pintado de lila ou unha saia ata os pes, por poñer un exemplo.

Paréceme, ademais, totalmente incoherente que arremetan contra un patriarcado que según elas nos impón estar sempre perfectas, e que conste que teño moi claro que tal patriarcado existe, pero que poñan a baixar dun burro a canta muller non acata as súas normas “estilísticas”….entre outras.

Volvo a repetir que me considero feminista (ben sei que elas a min, non!), e podo xurar que nunca, e o digo ben algo, nunca, me vestín ou arreglei de determinada maneira porque mo impuxeran, ou para gustarlle a ninguén, home ou muller, se non porque a min me apeteceu, me apetece, e me sinto ben.
Creo que ten algo que ver con eso ao que chaman personalidade e coa liberdade de cada quen.
Non sei se saberán do que lles falo.

Non preciso que ningún “look” me reafirme como muller nin coma feminista.

Teño as miñas ideas mais que claras, como tamén teño moi claro, e non me cansarei de dicilo, que me parece unha auténtica mágoa, ademais dunha falta de respecto, que se asocie o verdadeiro feminismo a tales saídas de ton, excluíntes e mesmo, as veces, insultantes, que non teñen, na miña opinión, o menor sentido, e que, desde logo, non fan, a quen as lanza, moito mellor que o patriarcado do que tanto falan.
Ambos se asemellan bastante a tiranía.

O auténtico feminismo síntese, vívese, lévase dentro, e usar rímmel ou o pelo tinguido de lila non te fai mais ou menos feminista.

O que si é moi importante, de feito, imprescindible, para chegar a selo é o respecto, tamén por quen non pensa coma nos.

Por certo, gustaríame saber quen e cando lles deron a estas “pseudofeministas” as atribucións para decidir quen é feminista e quen non.
Levo moito tempo facendo esta pregunta e non hai maneira de que me respondan.

Claro, hai que ter en conta que eu uso rímmel, e levo mechas!. Por eso igual non mo explican, porque non o ía entender!.

Marta Rodríguez Engroba
Asociación Si, hai saída

Exit mobile version