Tarot poético “Hocus Pocus”, no salón de actos do Concello de Cervo
redac
Para este venres o Concello de Cervo propón unha nova e divertida actividade para os pequenos da casa enmarcada no programa Ler Conta Moito: o tarot poético “Hocus Pocus”. Trátase dun consultorio poético no que unha médium e unha experta en cartomancia darán resposta ás inquedanzas do público valéndose dos textos de distintas autoras en galego e facendo un percorrido histórico pola literatura da nosa terra. Será o venres 28 de Agosto ás 19:30 horas. Durante a celebración da actividade seguiranse todas as medidas de seguridade e prevención fronte ao COVID-19.