Suárez tamén indicou: “É un proxecto Argos e ten continuidade cunha segunda fase. Nós queriamos estar e colaborar para poñer en valor ese patrimonio arqueolóxico subacuático e mostra diso é que despois de realizar reunións coa directiva desta entidade, fixemos as xestións pertinentes e conseguimos dotar a este club de distinto material para poder levar a cabo esa segunda fase do proxecto”.
Tito Suárez confirmou que “seguimos preparando con este club novas liñas de traballo, así como con outras entidades do concello que nestes momentos de incerteza nos demandan axuda”. Nesta liña, hai que sinalar que o grupo municipal popular xestiona orzamento ante a Xunta para todas as entidades deportivas ribadenses, xa que, como indican Suárez e Vega, “o deporte é un piar fundamental para a nosa vila”.