O popular recorda que estas instalacións foron construídas cos impostos de tódolos ribadenses e “merecen ser conservadas e coidadas para que estean en óptimas condicións para o seu uso”.
Dende o Grupo Municipal do PP instan ao goberno do BNG a que empregue máis recursos para conservar tanto estas instalacións de Rinlo coma outras de todo o termo municipal que tamén se atopan en situación de “total abandono”.
Parques infantís
“Esta é outra mostra máis do total abandono por parte do goberno local ás instalacións municipais de uso público” que se engade, por exemplo, á falta de mantemento dos parques infantís que criticaba, fai poucos días, a vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra. O estado do parque infantil do Xardín ou o da rúa Pintor Fierros constitúen “un risco para os seus usuarios”.