Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove convoca o VII Concurso de Fotografía Medioambiental

 Xove, 21 de agosto, 2020. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Haberá unha única categoría e cinco premios en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3, que deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
-Copia do NIF do concursante.
-Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ata o día 11 de setembro de 2.020, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facerse constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 11 de setembro de 2020.

Para unha maior información sobre este concurso, pódese chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría pódese atopar na sede electrónica do concello, ubicada na páxina web www.xove.es.

Exit mobile version