Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra desde este venres as XVIII Xornadas de Historia Local

 Ribadeo, 20 de agosto, 2020. A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza dous eventos que xa son tradicionais no verán ribadense.
Un deles é a impresión e colocación de lonas en casas particulares da vila nas fachadas que dan á rúa. Son as PALABRAS NO BALCÓN.
Conteñen textos normalmente vinculados ao autor ou autora homenaxeado no Día das Letras Galega, e que este ano é Ricardo Carvalho Calero.
Un total de 17 varandas de vivendas da parte histórica de Ribadeo recollen tanto obra literaria como citas sobre lingüística e sociolingüística do polígrafo ferrolán, poñendo en valor o que foi o leit motiv deste intelectual galego: o recoñecemento de galego e portugués como variantes dun único idioma. É por iso, que parte dos textos que podemos ver utilizan a grafía da tradición galego portuguesa e que todos identificamos co portugués.

Por outra banda, os días 21 e 23 de agosto vai ter lugar a 18 edición das Xornandas de Historia Local, co título de A HISTORIA DE RIBADEO A TRAVÉS DA TOPONIMIA. O programa é o seguinte:

21 de agosto, sexta feira:  Rocío Dourado Fernández (profesora e estudosa ribadense) : O que ten nome existe: toponimia do concello de Ribadeo.
20h 30  Auditorio de Cabanela (se chover, Casa do Mar)

23 de agosto, domingo: Talasonimia da Ría de Ribadeo. Paseo en barco guiado polos estudosos Antonio Vidueiro, Victor M. Díaz  e Angel Prieto.
19H.30 Peirao de  Porcillán. (asistencia limitada, reservas por whatsapp no 649 631 903)

Exit mobile version