Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Viveiro reunirase coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural o 13 de outubro para axilizar a oficialización do Camiño do Mar

 Viveiro, 28 de setembro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, reunirase o próximo 13 de outubro en Santiago coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, para falar sobre a oficialización do Camiño do Mar e coñecer, de primeira man, o estado no que se atopa a tramitación deste expediente.
A alcaldesa asisitirá a esa xuntanza acompañada por Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de alcalde; María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo, e Manuel Vicente González, presidente da Asociación Camiño do Mar.
O goberno municipal solicitara unha xuntanza co xerente do Xacobeo para falar sobre este asunto, á que se respostou explicando que a reunión debería solicitarse coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por ser este o departamento encargado de desenvolver os trámites e xestions encamiñados a oficializar os Camiños de Santiago en Galicia, previo estudo histórico.

Exit mobile version