Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Amigos de Ceferino Díaz Díaz convoca unha homenaxe na honra do histórico socialista e galegista do PSdeG-PSOE

A homenaxe terá lugar este sábado día 5 de setembro na localidade de Foz. Nesta ocasión, e como consecuencia das medidas para a protección fronte ó COVID-19, non se realizará o tradicional debate co posterior almorzo de confraternización. Limitarase a realizar unha ofrenda floral no monolito inaugurado o ano pasado na súa memoria. A xuntanza realizarase ás 11:30 no comezo do Paseo Colón para posteriormente desprazarse a pé ata o monolito onde se realizará a ofrenda floral ás 12:00.

Exit mobile version