Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG chama á folga ao profesorado de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Réxime Especial así como a asistencia á concentración que terán lugar este mércores en Burela ás 11.30h

  A Mariña, 22 de setembro, 2020. A CIG-Ensino chama á folga ao profesorado de Ensino Secundario, Bacharelato, Formación Profesional e Réxime Especial así como a asistencia ás concentracións que terán lugar na nosa comarca o día 23 ás 11.30 horas.

As catro organizacións sindicais convocantes da folga no ensino, xunto coas dúas confederacións de ANPAs do ensino público e organizacións estudantís chaman á realización dunha xornada de folga na concentracións o mércores 23 de setembro ás 11.30 horas diante da Casa do Concello de Burela en rexeitamento pola mala xestión da Xunta e o seu protocolo de volta ás aulas.

A  esta xornada de folga está chamada a participar o profesorado de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial. Tamén está chamada a participar a comunidade educativa a participar nas concentracións e presionar ao goberno galego para que aplique a distancia mínima e os desdobres en todas as etapas educativas como principal medida de redución do risco de contaxio, como así se está a demostrar en todos os países nos que xa se retomaron as clases e como manifestan as autoridades sanitarias e as persoas especialistas en epidemioloxía a nivel internacional.

Exit mobile version