Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma coordinadora de empresas auxiliares de Alcoa decide activar a folga indefinida convocada dende o pasado 21 de Xullo

 Cervo, 21 de Setembro de 2020. Dende a plataforma coordinadora de empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos informar que durante a  asemblea de traballadores/as das empresas auxiliares, tomouse a decisión por unanimidade de activar a folga indefinida que temos convocada dende o pasado 21 de Xullo.

A activación da folga será efectiva dende o mércores 23/09/2020 as 06:00Horas.
Solicitamos o apoio de todos/as os/as traballadores/as das empresas auxiliares e que secunden dita convocatoria, así como solicitamos o apoio dos compañeiros de Alcoa e da sociedade da Mariña, en todo o que esteña na súa man.

Vemos oportuno e necesario a activación de dita folga na semana crucial para o futuro da factoría e da mariña lucense, as empresas auxiliares somos traballadores directos da factoría e imos loitar polo noso futuro ata o último momento do conflicto coas mesmas premisas que os compañeiros do comité de Alcoa.

AS CUBAS NON SE PARAN – DESPIDOS NON.

O proceso produtivo non se verá afectado por dita folga e para nada correrán risco as cubas da factoría.

Recordamos que durante as mobilizacións é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia social.

Exit mobile version