Os clubs beneficiados son o Club Ensino de baloncesto, que recibe 20.000 euros, o Club de voleibol Emevé (19.500 euros), Judo Lugo (15.280 euros) e Ritmo Lugo Dance (3.840 euros). As tres primeiras entidades destinarán a subvención á compra de furgonetas e material como tatamis, marcadores multideporte, módulos de posesión portátiles ou caixas de primeiros auxilios. No caso de Ritmo Lugo, adquirirán un desfibrilador, calefacción portátil, colchonetas e outros elementos.
A Xunta colabora así coas entidades deportivas sen ánimo de lucro, recoñecendo o papel fundamental que xogan no fomento da práctica deportiva e contribuíndo á modernización e actualización do material deportivo que precisan para o adecuado desenvolvemento do seu labor.
Na mesma liña, o pasado mes de xullo aprobou outro programa de apoios polo que achegou 212.700 euros a 138 entidades deportivas lucenses para subvencionar os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais.