Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto de presentación da Xornada de Promoción do Camiño Norte en Mondoñedo

Mondoñedo, 29 de setembro, 2020. No Salón de Plenos da Casa Consistorial de Mondoñedo este martes tivo lugar a presentación da xornada de promoción do Camiño Camiño Norte a Santiago que terá lugar o día 17 de outubro de 2020 a partir das 11:30h da mañá, dentro do proxecto “Coñece os Camiños” organizado pola Orde do Camiño de Santiago en colaboración co Xacobeo.

Ao acto asistiron:
Sr. D. Alejandro Rubín, Vicepresidente Executivo da Orde do Camiño de Santiago
Sr. D. Jesús Ares, Conselleiro da Orde do Camiño de Santiago
Sr. D. Manuel Ángel Otero, Presidente – Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo
Sra. Dna. María Patricia Otero – Concelleira de Camiño Norte,
Asociacións e Participación Cidadá do Excmo. Concello de Mondoñedo

Abriu o acto o Sr. Alcalde que resaltou a gran importancia do Camiño de Santiago para Galicia e para Mondoñedo así como o gran traballo que está a realizar a Xunta e o Xacobeo na promoción dos Camiños e do Camiño Norte en especial.

Tamén agradeceu o traballo da Orde do Camiño de Santiago e o seu interese pola realización do evento en Mondoñedo que abrirá o programa “Coñece os Camiños”.

Alejandro Rubín, Vicepresidente Executivo da Orde do Camiño de Santiago, resaltou a importancia do Camiño e deste tipo de activades destinadas á promoción do mesmo, tanto para a xente de fora como á xente de Mondoñedo e da comarca, para poder coñecer de primeira man a riqueza que supón este gran recurso.

Pola súa parte D. Jesús Ares, espuxo o programa de actividades do evento.

Para rematar o acto impuxéronse Panos da Orde do Camiño de Santiago ao Sr. Alcalde Presidente do Concello de Mondoñedo e á Sra. Concelleira de Camiño Norte, Asociacións e Participación Cidadá do Excmo. Concello de Mondoñedo.

Programa de actos de 17 de outubro de 2020: Lugar de celebración: Centro de Interpretación do Camiño Norte.
11:30h Chegada ao Centro, recepción por parte de autoridades do Concello de Mondoñedo e presentación do evento.
11:45h Conferencia: “Mondoñedo e o Camiño Norte: Pasado y Presente”
Juan Ramón Fernández Pacios. Licenciado en Xeografía e Historia
12:10h Conferencia :“O Camiño de Santiago, Camiño Cultural Europeo”- Francisco Jesús Ares Vázquez. Presidente da Asociación de Turoperadores de Galicia
12:35h Conferencia: “Datos do Camiño de Santiago en 2018 e 2019. Caso particular do Camiño do Norte”. Pablo Rivera Bua. Secretario Xeral da Rede Ibérica de Entidades Tranfronterizas RIET Europa
13:00h Actuación Musical de Lucía Pérez (cantante galega participante en Eurovisión)
14:00h Almorzo – Degustación de produtos típicos da comarca
15:30h Saída dende o restaurante para visita guiada a Mondoñedo.
15:45h Visita guiada a Mondoñedo. Itinerario: Paseo polo Casco Histórico de Mondoñedo partindo dende a Praza da Catedral comezando cunha breve introdución histórico e logo pasar a explicar o conxunto da praza: Catedral –exterior-, Pazo Episcopal –exterior-, consistorio vello e outros elementos menores.
Continuación do paseo por Fonte Vella, Seminario Santa Catalina, Museo da Imprenta, Muralla Medieval, Igrexa Parroquial de Santiago, Casa Consistorial e Convento da Concepción. Todas as visitas serían exteriores agás o Museo da Imprenta e os baixos da Casa do Consistorial.
17:30h Remate da actividade.

Exit mobile version