
O pasado sábado, celebrouse o campeonato de Galicia sub 18,20,23 e absoluto, nas pistas de atletismo ó aire libre do complexo universitario de Elviña, na Coruña. A mindoniense participaba na proba dos 800 ml, tanto na súa categoría Sub-18 como na absoluta (o que supòn participar con todos os tramos de idade), logrando a medalla de prata na sua categoría (a tan sò un segundo do ouro) e a medalla de bronce, na categoria absoluta con un segundo tamén de diferencia respecto á prata e quedando a 4 segundos do primeiro posto. Se a situacion fronte ó Covid-19 o permite, Ainara participará a mediados de outubro no campeonato nacional de atletismo que se celebrará nas pistas Camp Clar de Tarragona. Sò duas atletas femininas de todo Galicia, lograron durante esta tempada, acadar a mínima esixida para poder participar nel.