Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa segue inamovible e agora rechaza a proposta do goberno realizada o xoves a fin de mediar entre comprador e vendedor

 Cervo, 22 de setembro, 2020. Segundo confirma o comité de empresa, a multinacional norteamericana tamén se opón a que as administracións medien entre todas as partes implicadas, un xesto de mala fe para os traballadores.
A proposta de Liberty mellora a anterior, malia iso Alcoa mantén a súa postura inicial, sobre todo no que se refire a Alúmina.
Agora o comité solicitará aos gobernos estatal e galego, que sigan insistindo na mediación e proceso de venda e no despido colectivo como continuación do acordo do pasado 13 de agosto.

Exit mobile version