Site icon Crónica3.com A Mariña

Autobuses de Viveiro renova a frota coa que cubrirá a nova concesión para o transporte integrado de escolares e pasaxeiros na Mariña Occidental

 Viveiro, 6 de setembro, 2020. A compañía viveirense que conta cun persoal de 23 persoas, engade 10 novos autobuses da marcas Iveco, Mercedes, Scania e MAN, pasando a ter unha frota de 20 autobuses. Así fará fronte a unha nova etapa na historia dunha compañía que leva na estrada desde 1928 e que percorreu máis de media Europa con viaxes discrecionales, levando desde excursións escolares ata grupos de folclore internacional.

O xerente da empresa familiar Domingo Otero Seara amósase especialmente satisfeito co investimento que lle permitirá dar un servizo de calidade e dar coninuidade ao proxecto que iniciou o seu pai hai 90 anos.

COVID 19

A compañía ademais implementou medidas especiais de seguridade e hixiene para garantir as medidas hixiénico sanitarias na súa frota coa compra de varias maquinas virizidas desinfectantes recoñecidas por sanidade.

ACCESIBILIDADE

Os novos autobuses inclúen sistemas de plataforma elevadora para facilitar o acceso aos usuarios con necesidades especiais, facendo o transporte público accesible a todas as persoas

Exit mobile version