Site icon Crónica3.com A Mariña

“Carta ao Alcalde de Cervo”, por José Ramón Soto

Non sei como dirixirte a ti: Como Alcalde, como Mestre, como Capitán de Equipo, o final, si ti mo permites elixo o de AMIGO!!!!:

Amigo Alfonso, creo que toda a Veciñanza da Mariña, estamos en dúbida co futuro de Alcoa, pois inda que non señamos traballadores directos, como ti ven dices ¡¡TODOS SOMOS ALCOA!!, polo tanto quero expresarte publicamente no nome propio e dos moitos Traballadores, Compañeiros e Amigos que están vinculados directamente con Alcoa, o noso máis sincero agradecemento polo teu xesto como Representante do Pobo de participar activamente xunto co Comité de Empresa e outros moitos colectivos da Comarca a invitarnos a toda a Veciñanza da Mariña Luguesa a participar, en varias ocasións, a defender os postos de traballo da nosa empresa elite na Mariña, foron varias as ocasións en que Ti como Alcalde xunto co teo Equipo de Goberno tómachedes a boa decisión de permitir estar presentes –en horas de traballo- a todos aqueles traballadores do Concello que voluntariamente quixeron estar presentes na loita dos moitos postos que esta empresa supón para toda a Mariña.

Non vou a destacar os teus valores como persoa, todos aqueles que te coñecemos sabemos as moitas virtudes que tes entre as que destaca o defender o teu pobo e estar preto dos amigos e das causas xustas. Non che temblou o pulso a hora de estar o lado dos postos de traballo de unha gran parte dos Mariñáns e votarlle un pulso o Goberno Central, pois inda que estamos lonxe estou seguro que a mobilización e o teu apoio durante todas as xornadas convocadas polo Comité de Empresa fíxose sentir en Madrid, outra cousa e que nos queiran escoitar.

Amigo Alfonso, estes actos son os que realmente poñen en valor as persoas, por eso hoxe ai moita xente na Mariña que che quere dar as Grazas polo teu xesto de xenerosidade e valentía o levar esta acción adiante, e non esconderse ante esta difícil situación. Son moitos os mariñáns que me impulsaron a darche parabéns por esta acción.

Estes actos fora da política diaria, son os que fan que un pobo este unido e entre todos podamos defender unha causa. Xa que os pobos necesitan a política pero son as persoas as que importan.

Por iso o por outras moitas cousas quero transmitirche en nome de moitos Amigos, Compañeiros e Traballadores de Alcoa e no meu propio as GRAZAS polo xeneroso xesto non solo por estar ai, senón tamén pola túa aportación.

José Ramón Soto Martínez

Exit mobile version